CRTVG

Buscar

Todo preparado en Vigo para viaxar a 1809 cunha nova Reconquista

Publicado o 29/03/2019 20:39

Vigo conta os minutos para vivir unha das súas festas máis multitudinarias: a Reconquista, coa que esta fin de semana viaxará douscentos anos atrás no tempo. Un protocolo antiacoso e pantallas xigantes para seguir a representación da expulsión dos franceses na tarde do domingo son algunhas das novidades desta edición.

Só restan os derradeiros detalles para que o Casco Vello de Vigo retroceda douscentos anos no tempo. En concreto, ata 1809. A piques de acadar o recoñecemento de Festa de Interese Turístico Nacional, a Reconquista festexaráse con novidades como os puntos violeta.

250 postos recrearán un mercado de época no barrio histórico da cidade durante toda a fin de semana. Será na tarde do domingo cando a vixésimoquinta edición desta festa de rúa, que conmemora a expulsión das tropas napoléonicas, chegue ao seu acto central: a dramatización da batalla final, a toma da cidade pola porta de Gamboa e a fuxida dos franceses en barco, que por primeira vez se poderán seguir desde pantallas xigantes.

600 persoas velan pola organización dunha festa da que participan uns 35.000 espectadores cada ano. O único requisito para integrarse na representación é vestir de época.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/03/2019