CRTVG

Buscar

Todo o negativo do 2020 vinculámolo coas consecuencias da pandemia

Publicado o 31/12/2020 20:50

O virus contaminouno todo e neste 2020 todo o malo que nos pasou subordínase a el. "Home claro esto ten que acabar pero eu creo que o único malo que houbo foi iso, que afectou a todo o mundo. Non creo que haxa algo máis", di unha moza.

Nada máis... nin nada peor. Poucos enuncian algo máis que mereza ser esquecido e que non esté relacionado coa pandemia. A maioría brinda hoxe por un ano mellor. Pero tamén hai quen pensa que 2020 non foi un ano malo. "Para min non. Todo o revés. Pero non podo pensar en min. Hai outras persoas que teñen outros problemas", comenta unha muller.

A maioría dos cidadáns pensan no mal colectivo. A pandemia apaga calquera alegría individual. "Foi un ano que pasou moi rápido -comenta un mozo- Levantarse, ir traballar, durmir... Os que tivemos esas circustancias positivas, claro". "O único malo deste ano foi a pandemia. A nivel educativo e a nivel persoal estiven máis tempo na casa", di outra moza.

O virus leva a culpa -con razón- de todos os males deste 2020 que está a piques de rematar.

Noticias web

31/12/2020