CRTVG

Buscar

Todo o interior de Galicia, en aviso amarelo por treboadas e sarabia

Publicado o 13/09/2021 14:36

Despois dunha fin de semana solleira, Galicia amenceu este luns baixo a influencia dunha borrasca que se achega desde o oeste de Portugal e que afectará a toda comunidade, pero sobre todo ás áreas do interior, onde xa hai activado aviso amarelo desde as tres desta tarde. Treboadas que poderían ir acompañadas de ventos fortes do sur.

As previsións apuntan a que as baixas presións continuarán durante as próximas 48 horas, se ben o mércores aínda se agarda unha xornada marcada pola inestabilidade con chuvias intensas no norte de Lugo e en puntos do interior das provincias de Ourense e Pontevedra, con descenso das temperaturas máximas. O xoves o sol volverá recuperar timidamente o protagonismo . Fronte as áreas do interior, a borrasca afectará en menor medida ao litoral e a situación no mar continuará tranquila entre A Guarda e Ribadeo.
 

Noticias web

13/09/2021