CRTVG

Buscar

Bos días

Todo listo para unha nova edición do Festival de Cine de Ourense

Publicado o 12/10/2017 09:57
Todo está listo en Ourense para a 22 edición do Festival de Cine Internacional que comezará o vindeiro venres dia 20. Ao longo de sete días proxectaranse 77 películas de 23 países.

A programación contará con 20 longametraxes na sección premier española. Haberá unha destacada presenza do cine iberoamericano, especialmente o arxentino, e tamén do galego con 15 longametraxes. De feito, inaugurarase o festival coa prestrea da longametraxe rodada no Courel, 'Trinta Lumes', da galega Diana Touceda.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

12/10/2017