CRTVG

Buscar

Todo listo en Silleda para as primeiras oposicións da Xunta da era covid

Publicado o 13/03/2021 13:00
Todo listo en Silleda para as primeiras oposicións da Xunta da era covid

O recinto feiral de Silleda está listo para acoller mañá os primeiros exames de oposición da Xunta, na era da covid, con todas as garantías sanitarias.

Nas instalacións congregaranse 1.540 aspirantes, que optan a 129 prazas, de tres especialidades: terapia ocupacional, fisioterapia e enfermería.

O recinto estará totalmente adaptado ao protocolo anticovid, tanto no interior dos pavillóns, coma no exterior. As mesas estarán numeradas e separadas por máis de catro metros, haberá zonas de espera con marcos no chan para asegurar a distancia e, por suposto serán de uso obrigarorio a máscara e o xel hidroalcólico. Unhas 278 persoas velarán para que todo se desenvolva de xeito correcto e con total seguridade.

Noticias web

13/03/2021