CRTVG

Buscar

Todo listo para as eleccións presidenciais arxentinas

Publicado o 26/10/2019 14:54

Despois dunha campaña electoral moi marcada pola grave crise económica, os arxentinos volven ás urnas. A maioría deles optará por un dos dous principais candidatos: dunha banda, o peronista Alberto Fernández, favorito segundo as enquisas, e doutra o actual presidente e inquilino da Casa Rosada, Mauricio Macri.

Máis de 33 millóns de persoas están chamadas a votar nunhas eleccións cruciais para o futuro de Arxentina. Os dous máximos favoritos, o opositor Alberto Fernández e o xefe do Estado, Mauricio Macri, pecharon as súas campañas coa intención de mobilizar ao maior número de votantes posible

Volver a poñer Arxentina no lugar do que nunca debeu deixar de estar.

Porque xuntos imos resolver estes problemas económicos que arrastramos desde hai décadas.
Ámbolos dous candidatos loitan pola presidencia en medio dunha grave crise económica, cun peso devaluado e coa inflación cada vez máis alta.

En calquera caso, a única dúbida é se Mauricio Macri poderá forzar unha segunda volta. Un escenario pouco probable, logo dunhas sondaxes que lle sitúan a vinte puntos de Alberto Fernández.

 

Noticias web

26/10/2019