CRTVG

Buscar

Todo Betanzos pendente do lanzamento esta noite do globo do San Roque

Publicado o 16/08/2019 18:12

Betanzos é unha das vilas galegas que celebra este 16 de agosto o San Roque. E faino cunha tradición centenaria, o lanzamento do globo de papel máis grande do mundo. Os betanceiros miran hoxe cara o ceo esperanzados despois de que o ano pasado o vento ranchara o papel e impedira que o globo surcara o ceo.

Estas imaxes de hai un ano están ainda na retina dos Betanceiros. A mala sorte dunha racha de vento a destempo impediu que por primeira vez nos ultimos 45 anos o globo de San Roque subira ao ceo. O tempo acompaña polo que os organizadores confían en que San Roque poña desta volta a parte que falta.

Emilio Pita: "Neste momento todo está xa preparado para a cita desta noite". 40 voluntarios traballaron arreo durante todo o verán na fabricación totalmente artesanal deste aeróstato que ten 25 metros de alto. Hai que cortar, pegar e pintar as chiscadelas que cada ano acompañan o globo.

A tradición do globo de Betanzos remóntase ao ano 1875 cando o seu impulsor, Claudina Pita, quixo homenaxear deste xeito o San Roque. Desde entón a familia Pita o só faltou á tradición durante os anos da Guerra Civil. Esta noite, a partir das once e, se todo vai segundo o previsto, o globo de Betanzos volverá surcar o ceo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/08/2019