CRTVG

Buscar

Todo apunta a un San Froilán sen polbo: ninguén se presentou ao concurso das casetas

Publicado o 25/08/2021 21:57
Todo apunta a un San Froilán sen polbo: ninguén se presentou ao concurso das casetas

Todo apunta a que no San Froilán deste ano en Lugo non volverá haber casetas. O proceso de licitación para instalar as casetas do San Froilán quedou deserto: ningunha empresa se presentou ao concurso para instalalas.

Con todo, dende o Concello puntualizan que aínda podería chegar algunha oferta presentada noutros rexistros diferentes do municipal, aínda que esta opción é moi pouco probable. As empresas non quixeron presentarse polo risco de asumir un importante investimento pola pandemia.

O Concello sacou varios prezos diferentes en función das posibles ocupacións. No peor dos escenarios, os prezos das casetas oscilarían entre os 8.000 e os 9.800 euros. E no mellor dos contextos, superarían os 18.000 por caseta. 

Así pois, o San Froilán deste ano semella que será similar ao do ano anterior. O Concello si permitirá instalar as caldeiras na rúa para que a xente poida coller o polbo e levalo aos seus fogares.

Noticias web

25/08/2021