CRTVG

Buscar

Todo apunta a que o incendio da Chavasqueira foi intencionado

Publicado o 10/05/2019 16:27

Todo apunta a que o incendio da Chavasqueira, en Ourense, foi intencionado. A Policía Nacional manexa como hipótese principal que alguén provocou o lume que arrasou en cuestión de minutos as instalacións das termas de pago da Chavasqueira.

Membros da Policía Científica chegados de Madrid e cans especializados en incendios buscaban probas esta semana. Hoxe continúan as pescudas para recadar probas e poder identificar o presunto autor dos feitos e concluír así o informe.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/05/2019