CRTVG

Buscar

Todo apunta a que este ano tampouco haberá barracas no San Froilán

Publicado o 02/09/2021 13:42

Os lugueses comezan a facerse á idea de que este ano tampouco haberá recinto feiral no San Froilán. Na última reunión da comisión de festas, o goberno local de Lugo propuxo renunciar ás barracas en vista da situación actual da pandemia. E, a falta de novas xuntanzas, todo apunta a que nas patronais vai primar a saúde pública fronte ás atraccións.

A nova foi recibida con resignación entre os veciños e por parte de hostaleiros e feirantes. E é que das festas do San Froilán dependen boa parte dos seus ingresos.

Así e todo, no Concello de Lugo aínda non descartan totalmente a posibilidade de que se instalen barracas durante as festas. Sinalan que, de chegar a haber recinto feiral, tería que estar pechado e ter un punto de entrada e outro de saída. A decisión definitiva tomarase nos días vindeiros.

Noticias web

02/09/2021