CRTVG

Buscar

Todas as vantaxes da naturopatía nun congreso en Ourense

Publicado o 30/09/2017 15:17

Mellorar o noso estado de saúde empregando métodos naturais como cambios na alimentación, exercicío físico ou termalismo. Niso consiste a naturopatía. Profesionais de toda Galicia danse cita hoxe en Ourense para falar de como atallar a inflamación e os procesos dexenerativos con terapias naturais.

Isto é unha actividade lúdica pero tamén pode ser un tratamento de saúde. O termalismo é unha das técnicas que recomendan os naturópatas para loitar contra os procesos inflamatorios e dexenerativos.

Unha abordaxe integral que busca mellorar a saúde das persoas empregando remedios naturais ou técnicas non invasivas pero sempre, insisten, de xeito coordinado cos profesionais médicos.
A Organizacion Colexial de Naturopatía de España conta neste intre cuns sete mil socios. A súa principal loita como sector, afirman, é acadar o recoñecemento dun título académico que permita garantir unha maior profesionalidade.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/09/2017