Todas as probas realizadas no cribado de Castroverde dan negativo
Publicado o 22/06/2021 09:23

A aparición dun gromo de covid−19 en Castroverde, vinculado a unha reunión familiar, levou o Sergas a realizar un cribado entre a poboación dese concello para detectar casos asintómaticos e cortar canto antes as cadeas de transmisión.
Segundo fontes do Sergas, foron 320 as persoas que se someteron a unha proba PCR durante a fin de semana e todas deoron negativo. Nun primeiro momento, detectáronse once positivos na localidade lucense. A incidencia da covid−19 en Castroverde supera os 250 casos por cada 100.000 habitantes.