CRTVG

Buscar

Todas as comunidades en alerta, agás as Canarias

Publicado o 01/02/2019 15:45

A chegada da borrasca Helena mantén en alerta todas as comunidades españolas, agás as Canarias. Andalucía activou o aviso laranxa na costa oriental por refachos de vento de forza 7 e 8 e ondas de ata 4 metros.

No resto da comunidade hai alerta amarela por chuvia, refachos de vento forte e neve. Segundo nivel de alerta tamén no Cantábrico pola grande altura de onda e nos Picos de Europa por neve a partir dos 600 metros, con acumulacións de máis de 15 centímetros.

"A estrada está moi mal, de feito hai un coche esnafrado na baixada contra unha árbore porque debeuse de esquecer de poñer as cadeas, e por iso se esnafrou".

No Mediterráneo, o arquipélago balear e Murcia están en alerta laranxa por mar bravo, con ondas de entre 3 e 4 metros.

Un transbordador procedente de Valencia bateu contra a dársena do porto de Eivisa por causa do temporal. Nos Pireneos, na Comunidade Valenciana e na meseta mantense activada a alerta amarela por chuvia, neve e vento.

Noticias web

01/02/2019