Teresa Castelo, unha das primeiras caras desta casa, xubílase despois de 36 anos
Publicado o 01/08/2021 21:58
A nosa compañeira, a xornalista Teresa Castelo, despídese hoxe desta casa porque chegou á súa ben merecida xubilación despois de 36 anos dedicados á información. Foi unha das primeiras caras daquela TVG que arrincaba no ano 1985. Desde o estudio, desde o exterior e desde a redacción contoulles toda a actualidade que hoxe forma parte xa da historia do país.