CRTVG

Buscar

Toda España vacinando a un tempo

Publicado o 27/12/2020 21:40

Xa está, vacina posta. Doria nas Canarias, Josefa en Murcia, Eugenia en Andalucía, Petra en Estremadura, Pepita en Asturias, Josefa en Cataluña, Consuelo en Euskadi... Son nomes que falan da importancia da xornada vivida hoxe en España coa chegada da vacina. As persoas maiores son as que máis sofren a pandemia e as primeiras en precisar esta protección.

Pepita vacinouse en Xixón, pero, como nacida en Lugo, podería ter o título honorífico de primeira galega en facelo. Ás 10 e 25 minutos. Durante a mañá as caixas coas 10 mil vacinas chegaron ás diferentes localidades españolas como agasallos do Nadal.

En 21 días, todas estas persoas recibirán a segunda dose. O inicio dun proceso ao que lle quedan meses para chegar a esa cifra ideal do 70 por cento da poboación vacinada. Hoxe foi unha xornada de esperanza.

Noticias web

27/12/2020