CRTVG

Buscar

Toda España en alerta por neve, frío e chuvía

Publicado o 09/01/2021 14:48

Practicamente toda España está en alerta ben por neve e frío ou por chuvias, vento e moito mar. As comunidades de Castela-A Mancha, Cataluña Valencia e Aragón están en nivel vermello por fortes nevaradas. Outras, como Cantabria, Castela e León, Navarra ou País Vasco activaron a alerta laranxa, tamén por neve. E en Andalucía ou as Baleares hai aviso amarelo por chuvias e ventos fortes.

En Castela-A Mancha, unha das comunidades máis afectadas polas nevaradas, foi preciso usar cadeas para circular polo centro de Toledo. Aemais, Uns 27.000 abonados están sen luz, a maioría da provincia de Toledo.

O Goberno autonómico asegura que desde 1904 non se vía un panorama semellante. Por iso, ademais de pedirlles aos cidadáns que non saian da casa, tamén decidiu suspender as clases o luns e o martes. Segue nevando tamén en Aragón. 1.400 camións permanecen bloqueados en distintos puntos da rede de estradas.

"Isto seguramente, eu xa teño experiencia, levo 36 anos de camioneiro e pola pinta e intuión ata mañá non imos saír". "O que estamos facendo é abrir o acceso ás localidades porque se temos que vir, pois ter o acceso limpo tamén" a e teño que ir dar de comer"" Os quitaneves traballan arreo pero como non deixa de nevar axiña cobre a calzada"

O alcalde de Zaragoza pediulle á poboacíón que quede na casa, porque esta tarde a torada pode ser de máis de 15 cm. Por iso decidu pechar os parques, para evitar accidentes pola caída das pólas das árbores.

 "E que eu non recordo unha nevarada así, está chulísimo, está precioso."

Na Comunidade Valenciana viven a tormenta perfecta con neve no interior de Valencia e Castelló, chuvias fortes sobre todo no norte de Alacant e ventos de ata 70 quilómetros por hora no litoral.
En Cataluña houbo cortes de tráfico en catro estradas, a maioría de Lleida, e en medio centro as cadeas son obrigatorias pero ningún coche quedou atrapado pola neve.

Noticias web

09/01/2021