CRTVG

Buscar

Toda a costa portuguesa está en alerta amarela por ondas de máis de cinco metros

Publicado o 11/01/2018 15:25

En Portugal hoxe o tempo dá unha tregua en terra pero no mar a situación non é así. No norte do país a frota está amarrada a porto.

Toda a costa portuguesa ten aviso amarelo por ondas que poden superar os 5 metros de altura. Isto provoca que portos coma este da Furada moi preto do Porto estean pechados. O azul do ceo e a calma da auga na desembocadura do Douro enganan, se seguimos a costa tan só un par de quilómetros vemos as ondas bater na costa con gran forza. Os mariñeiros dinmos que é un dia fatídico para eles por dous motivos, comeza a prohibición de pescar sardiña pero tampouco poden capturar outra especie por esta alerta que continuará previsiblemente mañá. Os ceos están azuis pero iso non significa que os os problemas pola neve desapareceran. As nevaradas foron tan fortes na Serra da Estrela, a altura de Coimbra pero cara o interior, que as estradas continúan cortadas á espera de que a chuvia previstsa para o resto da semana derrita o a neve de vez.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/01/2018