Toda a bisbarra do Salnés sitúase perigosamente á beira do risco extremo
Publicado o 13/07/2021 13:44
Dos 869 casos activos da área sanitaria de Pontevedra-O Salnés, Sanxenxo conta con 51 positivos. Os novos gromos afectan varios locais de hostalería, que mesmo pecharon as súas portas por contaxios entre o seu persoal.
O sector expresa a súa preocupación por se a mala evolución epidemiolóxica do municipio supuxese tamén cambios nas restricións para a atención ao público que se mantén fiel a este destino turístico.
Toda a bisbarra do Salnés rexistra un aumento de contaxios preocupante. A incidencia acumulada a 14 días en Sanxenxo é de 408 positivos e de 428 en Vilagarcía, pero en Cambados e na Illa, con 546 e 811 casos por cen mil habitantes, respectivamente, supera o límite de 500 que marca o risco extremo.