CRTVG

Buscar

Toca avaliar os danos tras o paso do tornado en Cerceda

Publicado o 15/11/2019 23:18

Hoxe toca avaliar os danos provocados pola borrasca Cecilia, que levou por diante teitos, muros e partiu ábores. Xa comezaron a traballar os peritos nas zonas máis afectadas, como en Cerceda, por onde un tornado arramplou con todo ao seu paso. 

Cubertas que voaron polo aire, anacos de fachadas e exteriores cheos de cascallos... son algúns dos danos que avalían neste polígono de Cerceda despois do paso dun tornado que arramplou con todo ao seu paso. Ricardo, o propietario desta vivenda,  aínda non se recuperou do susto. Por sorte, cando se produciu o tornado non estaba no interior. 

Sucedeu todo en cuestión de segundos, os que se atopaban nas casas afectadas pola traxectoria do tornado non tiveron tempo a reaccionar. 

Os peritos apuntan que aínda tardarán tempo en cuantificar todos os danos provocados por este fenómeno inusual que arrasou con boa parte do que atopou ao se paso  nas comarcas de Cerdeda e Ordes.

Noticias web

15/11/2019