CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Titulares das 14.25 h.

Publicado o 07/02/2018 14:30

Así amencía Galicia. Cuberta de neve. A beleza das imaxes contrastan coa dificultade para circular de camións e coches. As máquinas quitaneves, traballando sen parar. Numerosas incidencias nas estradas que se foron resolvendo ao longo da mañá Ola moi boas tardes, mañá complicada nas estradas galegas pola neve e o xeo. As provincias máis afectadas, o interior da Coruña e a de Lugo. Na montaña luguesa todas as estradas da rede provincial estan pechadas ao tráfico por capas de neve de máis de 15 centímetros. Arestora aínda hai poboacións illadas. Un total de 6.000 escolares de toda galicia non puideron asistir ás clases. Nas vías principais non se precisan cadeas pero desde a DXT piden precaución aos condutores.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí