CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Titulares das 14.25 h.

Publicado o 06/10/2017 14:32


Onte foi o Banco Sabadell, hoxe todas as miradas están postas en Caixabank. A primeira entidade bancaria de Cataluña podería trasladar tamén a súa sede social, ante o temor a unha declaración unilateral de independencia. Caixabank, que reúne esta tarde o seu consello de administración, apoiaríase no decreto de urxencia aprobado este mediodía polo Consello de Ministros, para non ter que convocar a xunta de accionistas. O Goberno español pretende axudar deste xeito as empresas que desexen saír de Cataluña.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí