CRTVG

Buscar

Tito Lesende fala do disco dos Beatles 'Revolver'

Publicado o 31/07/2016 13:06

O xornalista musical analiza nun libro este título

Os Beatles seguen sendo lenda e espertando curiosidade. Alá polo 5 de agosto do ano 1966, a piques de facerse 50 anos, cando estaban gozando dun éxito apoteósico, sorprenderon a todos cun novo disco diferente aos anteriores. Chamábase Revolver, e hoxe considérase unha obra capital na súa traxectoria. Nela cancións coma esta.

Yellow submarine é un dos 14 temas deste álbum imprescindible que o xornalista musical Tito Lesende analiza agora nun libro, acompañado por quince artistas destacados do pop rock español actual. O libro titúlase precisamente: 'Revolver, el disco de los Beatles que revolucionó el rock'.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

31/07/2016