Tito Díaz: "Temos que facernos fortes no Pazo"
Publicado o 18/04/2019 18:15
O Breogán recibe o domingo no Pazo a Unicaja. Os de Málaga son cuartos na liga, con 16 triunfos. Tito Díaz tivo esta mañá unha longa conversa cos xogadores. No pode repetirse o desastre do partido ante Estudiantes. Restan 7 xornadas e a salvación depende do que fagan neste treito final de liga. Tito ten as contas claras. A salvación pasa polo Pazo. Tito Díaz, adestrador do C. B. Breogán: "Quedan 7 partidos, nós temos 4 na casa, somos un equipo sólido na casa e gañar fóra na ACB é moi difícil. Unicaja, que é cuarto, e ten o factor cancha a favor no play off so gañou catro partidos fóra da casa. Entón, gañar fóra non é fácil, e temos que facernos fortes en Lugo, no Pazo.