Tito Díaz: "Se queremos ACB, chegou o momento de demostralo"
O Breogán recibe este xoves no Pazo dos Deportes ao Tenerife. O equipo de Tito Díaz chega a este encontro logo de dúas derrotas consecutivas, ante Real Madrid e Valencia, e coa necesidade de gañar para seguir pensando na permanencia. O técnico conta co "factor Pazo" para que empurre o seu equipo: "Volvemos xogar no Pazo, necesitamos ao Pazo. É un momento importante para este club, se queremos seguir a vindeira temporada na ACB temos que nos facer fortes aquí e o equipo está mentalizado, sabe que é un dos partidos claves da temporada, é o partido clave, o máis importante da temporada".
O Breogán gañou un só partido dos últimos cinco e é o pechancelas da competición. Nesta semana con dous partidos seguidos seguidos na casa, ante Tenerife e Gran Canaria, Tito Díaz faille un chamamento á afección: "(Temos que) volver atopar as nosas boas sensacións na casa apoiados pola nosa xente. Se queremos ACB chegou o momento de demostralo".