Tito Díaz: "Hai que esquecerse do pasado e centrarse en Andorra"
Publicado o 16/05/2019 20:08
O Breogán afronta esta fin de semana a primeira gran final do que resta de liga.Visita a pista de Andorra. Unha saída complicada, en palabras de Tito Díaz. Especialmente para un equipo que espreme as súas opcións de manter a categoría. O adestrador quere que o equipo se esqueza do pasado e mire só para o que está por vir.