Tito Díaz: "Confiamos en que Ochefu pouco a pouco nos vaia dando cousas"
Derrota do Breogán co Barcelona en Lugo. Con emotiva homenaxe a Jesús Lence, o empresario que estivo tan preto do Breogán na última década, como presidente e como patrocinador. No equipo de Tito Díaz debutaba Daniel Ochefu. Sete puntos na súa estrea. Apenas varios adestramentos. Nin Cetkovic nin Salvo Arco, por lesión, participaron. De Ochefu agárdase moito. Para empezar, no trascendental partido co Estudiantes da próxima xornada. Estudiantes ten un triunfo máis que o Breogán.
Tito Díaz, adestrador do Cafés Candelas Breogán: "Nós confiamos en que pouco a pouco nos vaia dando cousas. Hai que ter un pouco de paciencia con el porque é rookie, pero eu creo que a súa contribución foi positiva. É un intimidador, é un xogador de pintura e eu creo que nos pode axudar. Falta que se meta dentro do xogo do equipo".