Tirso Paz gañou o V certame de Amarte que acolle o porto de Burela
Publicado o 08/08/2021 17:30
Este foi o traballo gañador, a obra que defendeu Tirso Paz, un lugués residente en Barcelona que leva a metade da súa vida pintando.
Ademais dos 1.500 euros que achegou gañar o primeiro premio, Tirso fala do prestixio que supón participar neste certame, o mesmo sentimento que ten Anna, a gañadora do segundo premio.
As paredes do porto burelao acollen cada ano novos murais que o enchen de cor e de vida.
Este ano houbo 62 artistas de sete países distintos interesados en participar, pero houbo que facer unha selección de autores.
Deste xeito, o porto de Burela estase a converter nun museo ao aire libre referente na arte contemporánea.