CRTVG

Buscar

O ataque a unha tripulación de Air Europa obriga a que non volvan durmir en Venezuela

Publicado o 10/03/2019 22:52
O ataque a unha tripulación de Air Europa obriga a que non volvan durmir en Venezuela

De Venezuela chegan novas dun ataque á tripulación dun avión de Air Europa en Caracas. Isto provocou o plante de pilotos e auxiliares de voo, que no traslado ao hotel sufriron un intento de atraco con tiroteo entre asaltantes e a seguridade do hotel.

Logo deste incidente, a compañía decidiu triangular a ruta Madrid-Caracas con Punta Cana, que será onde pernoiten os tripulantes. A inestabilidade enerxética, a falta de subministración e os apagamentos constantes no país así o aconsellan. 

Venezuela vive hoxe o seu cuarto día de apagamento e Juan Guaidó vai pedir que se decrete o estado de emerxencia por este corte nas subministracións que, segundo el, causou 17 mortos, a maioría enfermos dos hospitais.  

O Goberno de Nicolás Maduro anunciou a suspensión das clases e actividades laborais tamén o luns once de marzo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/03/2019