CRTVG

Buscar

Tiri, o mellor agasallo de Nadal para un neno autista de Lugo

Publicado o 23/12/2020 14:01

Dani e Tiramisú, Tiri, son xa inseparables. Este can, un labrador dun ano, chegou hai apenas unha semana á súa nova casa en Lugo grazas ao esforzo dos pais deste cativo autista de oito anos. Tiri está especialmente adestrado para labores de asistencia. Grazas a el, Dani xa non dorme cos seus pais e moitas cousas máis mudaron.

Ademais, Tiri é todo un seguro a hora de saír á rúa. Traer á casa a Tiri, adestrado pola oenegué Dog Point, supúxolles un desembolso de case 18.000 euros. Para conseguir os 9.000 que lles faltan están a vender este calendario, onde vemos a uns natalicios Dani e Tiri.

Ademais, en Internet continúa a campaña solidaria para lograr eses fondos que precisan. Sería a mellor nova para rematar un ano moi complicado para eles, xa que tanto Dani, que sofre ademais unha cardiopatía, coma os seus pais tiveron que permanecer illados logo de dar positivo por coronavirus.

Noticias web

23/12/2020