Tiran un gato desde un balcón en Ourense
Publicado o 14/10/2019 14:40
En Ourense investigan quen foi o que tirou polo balcón un gato metido no seu transportín. Arestora recupérase das feridas na protectora de animais de Ourense. Ten a mandíbula rota e o seu prognóstico é reservado.
Foi unha veciña a que o atopou cheo de sangue. Chamou a policía, que se presentou no lugar para tomarlle declaración. Ao parecer, a veciña levouno ao veterinario e, unha vez alí, a protectora de animais fíxose cargo del.
Dende Progape piden a colaboración cidadá para dar co autor. Esta mañá presentaron denuncia na Policía Autonómica. Queren que identifiquen o autor dos feitos porque queren que sexa xulgado por un delito de maltrato animal.