CRTVG

Buscar

Tirán-Samertolameu imitarán nunha regata os duelos Oxford-Cambridge

Publicado o 12/06/2019 17:18

Desafío no remo galego. Imaxinan un Oxford-Cambridge á galega? Isto vai acontecer este domingo en Moaña. Meira e Tirán rétanse nun duelo histórico e sen precedentes.

Todo iso cando faltan quince días para comezar a Liga Galega, en que as dúas tripulacións moañesas parten como favoritas. Dous eternos rivais. Dúas tripulacións enfrontadas. E un desafío!

A rivalidade entre Meira e Tirán vén de moi lonxe, alá polos anos 60. Aínda que houbo varios intentos, nunca se conseguira facer unha regata deste tipo. Meira contra Tirán. O desafío está servido.





 

Noticias web

12/06/2019