CRTVG

Buscar

Tirán e Meira manteñen as súas opcións de ascenso á liga ACT e Santurtzi aproxímase ao título

Publicado o 19/09/2020 21:51

Foi unha demostración da fortaleza do remo galego, un golpe na mesa da liga do noso país sobre a liga ARC vasco-cántabra. Unha regata igualadísima. sempre con Tirán e Meira preto de Zarautz, o equipo da ACT. A espectacular txampa final da Mar do Con de Tirán provocou que marcase o mellor tempo na liña de meta. A terca de Samertolameu foi terceira clasificado, só a 7 décimas do segundo. E non quedou por diante quizáis por un erro que cometeu na derradeira virada, unha mala manobra que lle fixo perder algún segundo e lle impediu asinar unha regata perfecta.

Tirán queda ben colocado para conseguir o ascenso. E Meira tamén depende de si mesmo.

Queda descartada para ese premio Cabo da Cruz na categoría feminina, inferior ás outras embarcacións.

E queda para o desenlace da liga máis emocionante dos últimos anos, o duelo Santurzi-Hondarribia, unha espectacular batalla proa con proa durante case vinte minutos que se decidiu por dúas décimas na liña de meta. Gañou Santurtzi. Está preto de ser campión. Ten tres puntos de vantaxe pero palta unha xornada, mañá en Portugalete, o campo de regatas máis polémico e impresivel de cantos hai.

Noticias web

19/09/2020