CRTVG

Buscar

A Revista FDS

Tiramos cada ano 3 millóns de toneladas de comida ao lixo

Publicado o 01/10/2017 13:54


Seguro que isto lles soa coñecido. Case 3 millóns de toneladas de comida acaban no lixo cada ano en España. Así o revela un estudo da asociación de fabricantes e distribuidores presentado hoxe. 7 de cada 10 enquisados para este estudo recoñeceron que tiran alimentos.

Así acaban boa parte dos alimentos producidos para consumo humano. No lixo. No noso país tíranse cada ano case tres millóns de toneladas de comida. Practicamente a metade sae de fogares particulares.
Calcular mal o que precisamos ou non facer un plan para programar as compras e as comidas fai que moitos alimentos acaben estragándose antes de chegar ao prato. Pero tamén os envases demasiado grandes, que nos obrigan a mercar máis do que podemos consumir nun determinado tempo. As froitas e as verduras son os alimentos que máis tiramos. Tamén o pan, as comidas precociñadas e incluso a carne.
Para evitar tanto desperdicio naceron iniciativas como as neveiras solidarias. En toda España hai 16, unha delas en Santiago.
Bares, restaurantes e particulares deixan aquí comida a diario. Quen a precisa pode collela.
Tamén loitan contra o desperdicio os bancos de alimentos, porque mentres uns tiramos, outros están pasando necesidade.
As grandes cadeas de alimentación donan cada vez máis produtos. O Goberno e as empresas do sector teñen como obxectivo reducir o desperdicio alimentario á metade de aquí ao 2030.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

A Revista FDS

01/10/2017