CRTVG

Buscar

Tino Fernández: "Nin o Celta nin o Lugo apostaron polo fútbol feminino"

Publicado o 21/05/2019 21:40

Tarde de recepcións oficiais para as xogadoras do deportivo feminino. Os patrocinadores celebraron co equipo o ascenso á liga Iberdrola conseguido esta fin de semana en Arguineguín. Mañá mércores, acto institucional no Palacio de María Pita, e xa este domingo, homenaxe en Riazor antes do Deportivo-Mallorca da liga.

Nese acto, Tino Fernández aproveitou para deixarlles un recado ao Celta e ao Lugo: "A situación era realmente complicada. Nese contexto de máxima dificultade fomos o único equipo profesional de Galicia, que os outros están saneados e non deben nada, os nosos veciños do sur e os nosos veciños de Lugo, que apostou por crear este proxecto. Esa foi unha decisión dunha dificultade enorme. É o proxecto de referencia do deportivo feminino en Galicia e eu creo que é algo moi bo para todos. Polo tanto, parabéns para todos, evidentemente para as xogadoras, corpo técnico, todas as perosas que vos rodean no club".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/05/2019