Tímida desescalada en Castela-A Mancha e Estremadura
Esta fin de semana, bares e cafeterías de Castela.-A Mancha, pechados desde o 18 de xaneiro, recuperan parte da súa actividade. Segue habendo limitacións, teñen que pechar ás nove da noite, non poden servir na barra, só poden ocupar un terzo da capacidade e nas terrazas o 50 por cento. E ademais, os clientes teñen que descargar un código QR para estar rexistrados por se se produce algún contaxio.
"Pois pareceme unha boa medida pero non teño moi claro como o van materializar en caso que haxa un positivo". "Non o desarguei, aínda non é obrigatorio e ata que non o sexa, un apura o tempo". "A maioría da xente non o ten descargado, non sabe como se descarga, un cliente de 65 anos non sabe, é inviable."
Estremadura e Andalucía gozan tamén dunha fin de semana con bo tempo e máis apertura na hostelería e na mobilidade.
"Fai falta porque temos unha ruína encima que non é normal". "Moitisima xente que vai pasear, a tomar algo ás terrazas, está todo moi animado e o tempo acompaña".
Madrid mantén as restricións ata o xoves, en que está previsto, se a evoución epidemiolóxica o permite, adiantar o toque de queda ás once da noite e tamén o peche dos bares e comercios. Pero as reunións entre non conviventes seguirán prohibidas.
Mentres, os valencianos aproveitaron o bo tempo para achegarse á praia, que si está permitido. A comunidade rexistra máis de 700 positivos por cada 100.000 habitantes e a Generalitat prorrogou as restricións actuais ata o 1 de marzo.