CRTVG

Buscar

Volve a lenda, Tiger Woods gaña en Augusta o seu 15º 'major'

Publicado o 14/04/2019 21:25

Tiger Woods asinou onte, cando a un último e certeiro golpe, un guión propio de película. O docudrama de quen foi todo nos salóns máis exquisitos das casa-club máis elitistas, para acabar no inferno na deshonra e da derrota e, agora, de súpeto, rescatarse en por el e facerse eterno na re-volta. Todo o deporte mundial, malia que o golf teña os seus detractores e siga sendo non poucas veces considerado un marabilloso paseo botado a perder mais ca un deporte, réndese hoxe á figura deste californiano que hai 22 anos gañaba o seu primeiro Masters de Augusta e entraba de cheo na Sancta Santorum dos verdes pastos. Non só era un negro rachando moldes, era un desbardado de 21 anos que ousaba meterse nos vestiarios onde se cambiaban os vellos mestres dominadores durante décadas do circuíto máximo. Era único, foi único, e Woods gaña a súa quinta chaqueta verde tras superar once penosos anos de líos matrimoniais, adicións, depresións detencións policiais e ostracismo. Lesións e perda de nivel por medio que o colocaron fóra do foco mediático máis aló da súa morbosa presenza en torneos menores. Agora encarna á perfección o mito do renacido e gaña o seu quinto Másters once anos despois do último, coas costas trufadas de clavos e o cartel de perdedor colgando na súa taquilla. Incrible, pero certo, tan certo como que xa Einstein baticinou que, nin todo o que existe se pode demostrar, nin todo o que se pode demostrar existe.    

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí