CRTVG

Buscar

Thiago Galhardo: "Quero rematar en Europa a miña carreira deportiva"

Publicado o 03/09/2021 14:59

Thiago Galhardo, unha das incorporacións do Celta para esta tempada, recoñeceu que xa non pensaba que lle puidese chegar a oportunidade de xogar no fútbol europeo ao máximo nivel, pero agora quere aproveitala: "Foi un soño para min chegar á selección brasileira con 31 anos agora non contaba que se cumprira outro soño e con 32 chegar a Europa, pero agora que estou, quero rematar en Europa a miña carreira deportiva», comentou o dianteiro.

Galhardo non dubidou en dicir que Coudet é "o mellor adestrador que tiven sempre e o que me sacou maior rendemento», esperando repetir o mesmo no Celta, aínda que no primeiro partido xa notou que na liga española "é todo moi táctico e os xogadores están moi pendentes de ti". Confesou que pola fichaxe estivo cinco días sen adestrarse e non puido render ao máximo nivel nos minutos que tivo fronte ao Athletic Club; con todo, foi unha sensación "indescritible" xa só estar no banco e logo poder debutar.



 

Noticias web

03/09/2021