CRTVG

Buscar

Thiago Galhardo: "Coudet é o mellor adestrador que tiven, sabía que nos reencontrariamos"

Publicado o 27/08/2021 11:30

O brasileiro Thiago Galhardo asinou o contrato de cesión que o converte en xogador celeste ata o 30 de xuño. O Celta garda unha opción de compra. Veremos se Coudet xa bota man del para o partido de mañá ante o Athlétic.

"Coudet é o mellor adestrador que tiven, cando me chamou sabía que ía haber reencontro", comentou o punta brasileiro.

Aposta persoal de Coudet, que xa o tivo ás súas ordes no adestramento de onte. Galhardo coñece a esixencia do técnico e chega ao Celta disposto a axudar o equipo:

"Todos saben que teñen que correr, co Chacho se non corres, se non disputas, acabas fóra", finalizou a nova fichaxe celeste.

 

 

Noticias web

27/08/2021