CRTVG

Buscar

Thiago Alcántara: "Somos humanos, tivemos dúbidas coa vacina a nivel persoal, máis alá do partido"

Publicado o 11/06/2021 15:24

Tiago foi esta mañá o voceiro da selección. Recoñeceu que os futbolistas tiveron dúbidas e quixeron analizar e sacar todas as conclusións sobre vacinarse ou non a nivel persoal máis alá "dos partidos que poidan vir".

"Cando xa quitas esas dúbidas, entras no tema profesional, a nivel futbolístico din que non habería ningún problema", asegurou o maior dos Alcántara.

A tres días da estrea con Suecia, o futbolista do Liverpool desborda optimismo: "Temos que pensar que somos os mellores, o mellor equipo a nivel ofensivo e defensivo".

"Hai que ser fieles ao traballo e as ideas de fútbol que temos. Con iso penso que podemos chegar moi lonxe", concluía o hispano-brasileiro.

Noticias web

11/06/2021