CRTVG

Buscar

Theresa May desactiva un complot para derrocala

Publicado o 25/03/2019 08:15

Os mesmos medios que difundían a noticia dun suposto complot dentro do Goberno para derrocar a primeira ministra difundían estas imaxes aéreas da residencia de Chequers, a casa de campo onde May chamou os ministros e deputados que supostamente preparaban esa conspiración, e que segundo a prensa, ían forzar a saída da premier hoxe mesmo, na reunión semanal do gabinete. Asistiron tamén ao cumio de emerxencia os líderes do sector euroscéptico dos tories, Boris Johnson e Jacob Rees Mogg, cos que May tería falado para levantar o bloqueo Parlamentario.

"Cambiar os xogadores non vai solucionar o problema", dicía en SkyNews o titular de economía, e advertía de que se non se aproba o plan pactado entre May e a Unión, pode haber un brexit pola brava e mesmo non haber brexit. A opción dun segundo referendo xa non se descarta despois da multitudinaria manifestación en Londres esta fin de semana e das sinaturas de 4 millóns de cidadáns pedindo quedar na Unión Eurpopea.

Tamén o xefe de gabionete de May, David Lidington, quixo desmentir as especulacións sobre o complot. O home que, supostamente, ía substuituír a premier nun período de interinidade, dixo que está ao cen por cento coa primeira ministra. E neste clima de máxima tensión política comeza unha nova semana decisiva, en que tanto conservadores como laboristas proporán a votación das alternativas ao plan de saída: desde o brexit duro ata a convocatoria de eleccións, un segundo referendo ou un brexit máis suave.

Noticias web

25/03/2019