CRTVG

Buscar

Theresa May asina a carta de dimisión como líder do Partido Conservador británico

Publicado o 07/06/2019 19:54
Theresa May asina a carta de dimisión como líder do Partido Conservador británico

Tal como anunciara, Teresa May asinou esta tarde a carta de dimisión como líder do Partido Conservador británico ante a imposibilidade de consumar o brexit. A renuncia de May inicia a carreira pola súa sucesión. De momento, son once os parlamentarios conservadores que se postularon para liderar o partido, pero o prazo de presentación de candidaturas remata o luns. O día 22 de xullo darase a coñecer o gañador. Ata entón, Teresa May continuará como primeira ministra en funcións.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/06/2019