CRTVG

Buscar

Theresa May activará o 'brexit' o vindeiro 29 de marzo

Publicado o 20/03/2017 21:00

A xefa do Goberno comparecerá ante o Parlamento ese mesmo día para informar de que invocara o artigo 50, que inicia a saída da UE de xeito formal

O Reino Unido empezará a deixar a Unión Europea dentro de nove días. O Goberno británico anunciaba esta mañá a data para poñer en marcha o 'brexit'.

Minutos despois de que en Londres anunciaran a data do inicio do proceso de saída da Unión, en Bruxelas respostaban insistindo en que teñen todo listo e preparado para comezar as negociacións en canto chegue a petición.

O 29 de marzo o goberno británico previsiblemnte pedirá sair da Unión e, previsiblemente tamén, o 31, deste mes, 48 horas despois, desde aquí dirán que adiante co proceso de desconexión. Será nove meses despois de que os británicos decidiran deixar o club comunitario e tras máis de  corenta e cinco anos pertencendo á Unión. Hai moito en xogo, os estados membros teñen que pactar cómo será o proceso de saída e como serán despois as relacións entre os 27 e os británicos. Haberá un cumio de líderes sen o Reino Unido probablemente a principios de maio. Por diante, dous anos de conversas. Aquí insisten en que todo está máis que preparado para darlle o sí a Londres e acompañar a Teresa May á saída do club europeo.

"Estamos preparados para comezar as negociacións, estamos á espera de recibir a carta, agora sabemos que chegará o día 29. Todo está listo", aseguraba desde Bruxelas Margaritis Schinas, voceiro da Comisión Europea.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/03/2017