CRTVG

Buscar

'The Waylanders', o videoxogo de rol máis ambicioso do estudo coruñés Gato Salvaje

Publicado o 04/12/2018 12:07

Sergio Prieto, director do videoxogo 'The Waylanders': "O nacemento do propio xogo é inseparable de Galicia. A propia idea de base parte de entender que podiamos facer un xogo deste tipo ambientado en Galicia. Tiñamos dous elementos: a lenda de Breogán e a mitoloxía relacionada coa cristiandade".

O xogo vai comezar en Irlanda. Hai unha lenda relacionada co Libro das Invasións, que sostén que os fundadores do país fomos os propios galegos. A lenda conta que reuniron todos os homes, mulleres e nenos de Galicia, volveron en barcos e tomaron Irlanda. O videoxogo comeza xusto nese intre.

O que vai poder facer o xogador, como xogo de rol que é participar en batallas lendarias e visitar Galicia desde outro punto de vista.

Intentamos facer un xogo non para nós, senón para o público anglosaxón, e facelo nos seus termos, cunha produción grande e con grandes nomes asociados ao xogo. Cando un americano acceda ao xogo non ten por que saber que existe a A Coruña, que existe Galicia, pero despois de xogar verá que detrás de todo iso había algo que era interesante.










 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/12/2018