CRTVG

Buscar

A Revista Fin de Semana

The Lákazans presentan o seu novo disco, "Sandwina"

Publicado o 13/01/2018 13:23
A estas alturas poucos dubidarán da variedade de músicas que se fan en Galicia. De feito, algúns estilos que hai anos tiñan unha presenza puntual, agora están totalmente normalizados. Mostra diso é a banda The Lákazans, todo un referente do blues e do soul en Galicia. Veñen de sacar á luz "Sandwina", o seu terceiro disco. E temos aquí para presentalo a Sabela King, cantante, e Fran Trilli, percusionista..