CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

The Funkles son a versión galega dos Beatles e acaban de chegar de Liverpool, dun concerto tributo á banda

Publicado o 21/09/2017 15:35
Como quen di, acaban de chegar de Liverpool, despois de participar, por segundo ano consecutivo no festival tributo á banda máis mítica desta cidade británica. Coa súa estética particular, The Funkles son a versión galega dos Beatles e mesmo se atreven a versionar no noso idioma temas do grupo sobre o escenario.





Fan a súa versión particular dos Beatles, engadindo unha nota de funk e soul. Dous ingredientes que lles serven aos seis integrantes de Funkles para que a súa música soe e sexa acollida aló onde van.
E coas súas versións andan a triunfar por onde pasan.


A finais do mes de agosto volveron repetir actuación en Liverpool, por segundo ano consecutivo. E fixérono coa experiencia de saber que a súa música tiña tirón nesta capital británica.


Pero non só triunfan alá. Finlandia e Rusia son dous exemplos de países onde tamén soa a música de The Funkles. E por se teñen curiosidade, si, son profetas na súa terra. Concertos non lles faltan por todo o territorio español, onde achegan a súa particular versión dos Beatles máis galegos.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí