CRTVG

Buscar

Tezanos: "Non acabo de ver claro que o PP caese tanto"

Publicado o 10/04/2019 17:00

O presidente do CIS cre que o elevado número de indecisos que reflicte a enquisa publicada onte vai ser a clave dos resultados finais das eleccións. José Félix Tezanos defende o rigor do barómetro, pero dubida da forte caída que lle vaticina ao PP.

José Félix Tezanos, presidente do CIS: "Non acabo de ver claro que o PP caese tanto, é unha opinión persoal, non científica: os datos son os que saíron. Tamén teño a impresión de que Vox pode sacar máis do que din as enquisas, pode ter voto oculto. E iso pode darlle unha volta total á situación. Está moi aberto, pode pasar todo".

 

Noticias web

10/04/2019