CRTVG

Buscar

texto ere As Somozas

Publicado o 12/01/2021 08:27

O expediente de regulación de emprego afecta un total de 215 traballadores. O presidente do comité de empresa Sergio López declarou á Televisión de Galicia que a compra por parte da empresa dunha fábrica en Vagos, Portugal, contibuíu ao peche da planta galega. 

A empresa alega que ten a planta de pas eólicas das Somozas non é competitiva porque o modelo de pa que se fabrica non ten moita demanda. Sergio López tamén dixo que levan dous anos de reclamacións aos responsables da administración da empresa para que se fagan investimentos e se puidesen fabricar novos produtos.

Os traballadores concentráronse diante da fábrica desde as cinco da mañá á espera de recibiren a documentación do ere e para estudar se toman novas medidas.

A planta de Cuenca tamén se ve afectada e corre o mesmo destino que a das Somozas.