CRTVG

Buscar

TEXTO E VÍDEO VIVENDA E PATERNIDADE

Publicado o 01/03/2019 19:05

O Goberno equipara os permisos de paternidade cos de maternidade. Será de xeito progresivo: o home pasará a ter agora 8 semanas, que subiran a 12 en 2020 e 16 en 2021. O executivo quere sacar a España do furgón de cola europeo e acabar cunha disparidade que entorpece a contratación de mulleres.

Carmen Calvo, vicepresidenta do Goberno: "A maternidade non pode ser unha arma en contra do desenvolvemento cidadán e laboral das mulleres. En termos políticos, xurídicos e sociais, temos que facernos corresponsables todos"

Tamén para propiciar a igualdade , o mesmo decreto obrigará as empresas a facer públicos os salarios desagregados por sexos e recupera as cotizacións sociais dos coidadores, maioritariamente mulleres, de persoas dependentes. 

Decreto de vivenda

 O outro decreto que aprobou o consello é o da vivenda. Eleva de tres a cinco anos a duración mínima do contrato de alugueiro. O propietario non poderá subir a renda por riba do IPC e se as partes non o queren prorrogar, o dono ten que avisalo catro meses antes e o arrendatario, dous. Ademais, os concellos poderán bonificar o IBI de quen poña a vivenda en alugueiro. O decreto non inclúe o poder para limitar de prezos que demandaba Podemos. A cambio, en 8 meses haberá un rexistro nacional de prezos que servirá como referencia.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/03/2019