CRTVG

Buscar

O Teucro e o Cisne, líderes da división de prata, cítanse no derbi soñando co ascenso

Publicado o 01/11/2019 13:19

Unha categoría máis abaixo da Asobal están dous xogadores que se saúdan e sentan para conversar: Samu Pereiro do Teucro e Pablo Picallo do Cisne, primeiro e terceiro clasificados da división de prata.

O Teucro, o líder; o Cisne, o terceiro a dous puntos pero cun partido menos. Dous galegos soñando co ascenso. Será a terceira vez que se atopen esta temporada. Hai uns meses o Cisne eliminou o Teucro da Copa Galicia e da Copa do Rei.

Un derbi na pista moito máis emotivo para o Cisne pola cantidade de canteiráns que hai no equipo. Pablo Picallo leva, por exemplo, 23 anos no club.

Lidar na pista. Dende as seis, e pola web da Galega, xogan o primeiro posto da categoría.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/11/2019