CRTVG

Buscar

Testifica unha das persoas que auxiliou a Samuel tras a malleira

Publicado o 16/08/2021 16:20

Durante toda a mañá, testemuñas vencelladas ao caso Samuel declararon perante a tituar do Xulgado de Instrución número 8 da Coruña, a Fscalía e os avogados dos 6 mozos detidos ata o momento. Pablo Barrón é unha desas testemuñas. Conta que a cita de hoxe consistíu, basicamente, en ratificar o que xa declarara hai case mes e medio perante a Policía Xudicial. Explica que el, canda un amigo, foron dos primeiros, despois dos senegaleses Ibrahima e Magatte, que intentaron socorrer a Samuel "Vemos a Samuel que, nese momento, nin sabiamos que era Samuel, que estaba convulsionando e xa o puxemos en posición de seguridade."

Porén, aclara que eles non viron nngún mozo golpear a Samuel."Eu non vin a ninguén facéndolle nada a Samuel. Vimos 12 mozos que se nos cruzaron, andando rápido, por Riazor."

Polo momento, a investigación segue aberta e non se desbotan novas detencións.


 

Noticias web

16/08/2021